top of page

Julia Cea (A Coruña), soprano
Rocío Fernández (O Vicedo), mezzosoprano

Plácido Travieso (Viveiro), tenor e director
Txemi Jiménez (Vitoria), tenor

Lucas Iglesias (O Vicedo), barítono

Javier Díaz (Oviedo), baixo

Colaboradora habitual:

Teresa L. Sancosmed (Lugo), recitados

 Nós... 

SondeNos ensaio
  SondeNós   

Fundado en 2012, o Grupo Vocal SondeNós ten actuado en diferentes localidades dentro e fóra de Galiza e de España:

No Vicedo, convidados pola Asociación Orde Templaria, en tres ocasións; en Viveiro, convidados polo Coro Tempues Fugit (dir. Javier Fajardo) desta localidade.
En Viveiro ademáis colaboramos no lanzamento da Viagem ao Curdistám de Séchu Sende; en San Cibrao, na inauguración dunha exposición do fotógrafo Isidro Cea; en Burela, nun célebre concerto educativo enmarcado no Proxecto Modelo Burela; en Foz e en Betanzos, dentro da programación cultural da Semana Santa; en Ribadavia, xunto á Capela Madrigalista de
Ourense (dir. Julio Domínguez) e o Coro de Cámara Canta Compaña (dir. Julia Cea); en Asturias, onde cantamos na Colexiata prerrománica de Teverga; en Euskadi, onde ofrecimos un concerto para a Asociación de Amigos del Museo de Laguardia; en Burgos, onde ofrecimos un concerto de música de Nadal...

En Compostela (Igrexa de San Domingos de Bonaval e Panteón de Galegos Ilustres) e en Padrón (Casa A Matanza de Rosalía de Castro); co dobre concerto No camiño da lingua, dentro da programación do Modelo Burela...

Italia, en dúas ocasións , a primeira na Toscana, con concertos en Cortona, Siena e Florencia; a segunda, con actuacións na Basílica de Santo Antonio de Padova e en Venezia...

 

En 2015 colaboramos nas cerimonias de entrega de tres importantes premios: o "Pérez Parallé", de poesía, en Fene (A Coruña); o "Manuel Murguía", de relato curto, en Arteixo (A Coruña) e na "Ceremony of the International Price Grupo Compostela-Xunta de Galicia, celebrada no Salón Nobre do Colexio Fonseca (Universidade de Santiago de Compostela).

 

En 2016 presentamos o programa "IDENTIDADE" no IES da Laracha (A Coruña), no IES Perdouro de Burela (Lugo) e no Seminario da Asociación de Directores de Escena de España (ADE), celebrado no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña). En Tui (Pontevedra), colaboramos no XXVII Curso de dirección, canto, técnica vocal, coro e orquestra "Tamara Brooks".

En Cangas de Onís (Asturias) participamos no XVII Ciclo de Concertos de Nadal "Ramón A. Prada Vicente", cun concerto na Igrexa do Mosteiro de San Pedro de Villanueva-Parador de Turismo.

En 2017 participamos na celebración do Día das Artes Galegas, cun recital no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, dentro da homenaxe da Real Academia Galega de Belas Artes á artista Maruxa Mallo.

En Ares (A Coruña) ofrecimos un concerto dentro da programación da 8ª Feira Mariñeira.

No Pazo de Raxoi de Compostela, colaboramos co Consello da Cultura Galega cun concerto no feche do Congreso "Galicia-Bretaña".

En Decembro tivemos unha nova participación no XVIII Ciclo de Concertos de Nadal "Ramón A. Prada Vicente", en Cangas de Onís (Asturias), cun concerto na Igrexa do Mosteiro de San Pedro de Villanueva-Parador de Turismo.

 

Antigos membros de SondeNós:

  • Santiago Fernández, barítono (desde o inicio ata 2015)

Conseello Cultura Galega

SondeNós, con Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e Maximino Zumalave.

Santiago de Compstela, 31 de Outubro 2017

Imaxe: Consello da Cultura Galega

Ave Maria, Javier DiazSondeNós
00:00 / 03:00

En 2018 ofrecimos un concerto no III Ciclo de Música Sacra de Betanzos (A Coruña).

En Novembro deste ano, participamos cun recital na Gala de entrega do Premio Literario Vilar Ponte de Viveiro, realizado no Teatro Pastor Díaz.

En 2019 participamos no Programa Adral da Semana Santa de Viveiro (Lugo), onde puidemos ofrecer o noso repertorio "Hoc Pasionis Tempore".

Nas Letras Galegas deste mesmo ano, participamos na programación cultural do Concello de Abegondo (A Coruña).

En Xove (Lugo) ofrecimos un concerto nas Xornadas "Míranos", organizadas polo Concello.

Os concertos de Nadal tiveron lugar na Vila de Bares, Mañón (A Coruña) e a cuarta participación no Ciclo de Concertos de Nadal "Ramón A. Prada Vicente", en Cangas de Onís (Asturias), na Igrexa do Mosteiro de San Pedro de Villanueva-Parador de Turismo.

En 2021, volvemos aos ensaios e o noso primeiro concerto tras máis dun ano sen cantar foi en Cangas de Onís, na XXI Edición do Ciclo de Concertos de Nadal "Ramón A. Prada Vicente".

En 2022, ano no que cumprimos o noso 10º ANIVERSARIO, recibimos a invitación do cantautor Miro Casabella para participar no seu concerto celebrado o 5 de marzo no Teatro Colón da Coruña, dentro do ciclo "Pioneiros da música galega".

O noso concerto de Música Sacra tivo lugar no Festival de Pascua de Ortigueira (A Coruña). 

Xa en outubro, participamos no "VIII Outono Musical Lourdes Vázquez Ledo" de Chantada (Lugo), ofrecendo un concerto no Auditorio Municipal.

En novembro viaxamos a terras leonesas para participar na "XX Muestra Coral  Ayuntamiento de Valdepolo".

Ofrecimos dous concertos de Nadal: o primeiro na Concatedral de Ferrol, dentro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. E pechamos o ano novamente en Cangas de Onís, participando na XXII Edición do Ciclo de Concertos de Nadal "Ramón A. Prada Vicente".

En febreiro de 2023 ofrecimos un concerto en Betanzos (A Coruña) organizado pola A. C. Roxin Roxal, con motivo da inauguración da exposición "Pingas de humor crítico" do ilustrador Xoán Andrade.

A xira "Tenebrae facte sunt", levounos a participar nos ciclos de música sacra de Viveiro (Lugo), Braga (Portugal) e Santa María del Campo (Burgos).

Os concertos de Nadal da xira "Winterreise: a nosa viaxe de inverno" foron en Betanzos (A Coruña) organizado pola A. C. Roxin Roxal, e en Asturias, na XXIII Edición do Ciclo de Concertos de Nadal "Ramón A. Prada Vicente" de Cangas de Onís máis na Basílica de Covadonga.

SdN 10 años
bottom of page